Hildegarden de Bingen, mística renana de grande sona no século XII, escribiu e compuxo a música deste Ordo Virtutum para inaugurar o mosteiro de Rupertsberg no ano 1152. Aínda que destinado a un contexto litúrxico, igual que unha grande parte do teatro latino medieval, e sendo bastante tópico na súa temática moral do combate entre as Virtudes e os Vicios, o drama hildegardiano sobresae como unha peza enigmática e orixinal, considerada polos estudiosos modernos un fito nas realizacións dramáticasdo século XII, comparábel ao Ludus de Antichristo ou ao Jeu dAdam.